31 Janeiro 2006
30 Janeiro 2006
REIS PELACHO 2006 - 3
Isto é un traxe do PowerRanger vermello e un escorpión-robot similar ao teu. Foi simpático porque levabas tempo a pedirnos que che comprásemos un escorpión-robot e sempre che diciamos que non existían. Mais ben se ve que os Reis Magos todo o poden...
29 Janeiro 2006
28 Janeiro 2006
REIS PELACHO 2006 - 2
Levábala pedindo dous anos enteiros e mil veces che dixeramos que non tiñas aínda idade. Mais este ano non fomos quen de nos resistir. Falamos moito do coidado que teriamos de ter para que non te enganchases demasiado, de canto tempo sería prudente que xogases con ela. Se sería bo gardármola nós e que a pedises cando quixeses xogar... E, como tantas veces, decidimos que habería que ir vendo sobre a marcha porque contigo os cálculos costuman fallar.
Que atinados andamos. É un xoguete máis, que apañas durante uns minutos cando te lembras del e que, polo momento, non vimos necesidade de quitarche de diante.
Aos Reis da casa pedícheslles o xogo das Witch, ao tío M. o de Pokemon Esmeralda e trouxéronche os dous. Como ningún deles era para xogar na pantalla táctil, hai uns días levámoste ao videoclub do bairro para comprares un cos cartos que tiñas aforrados:
-Pero lo pido yo, eh!
-Desde logo!
-Hola, ¿Tienes el juego de Super Mario Tenis?
-Pues no. Ese no lo tenemos.
-Pues entonces dame otro cualquiera.
Finalmente, tras razoarmos contigo que habías de pensar primeiro o que querías, levaches un de Kirby. Polo momento é o teu preferido.
REIS PELACHA 2006 - 2

Talvez nuns anos nos pareza o máis normal do mundo, mais hoxe non deixa de sorprenderme poder atopar no Google un triciclo practicamente igual ao que che trouxeron os Reis este Nadal. No teu a barra con asa é dobre; no resto é similar. Até o momento non lle fixeches caso ningún. A ver se pasa este frío polar destes días e podemos saír con el á rúa dar unhas voltiñas.
26 Janeiro 2006
Cos avós paternos:
-A ver, pelacha, di mesa.
-Esa!
-A ver, pelacha, di silla.
-Illa!
-Di auga.
-Guagua!
-Di pan.
-Hmmmmmmmmmmmmmm!
Só lle faltou dicir ico, ico!
REIS PELACHA 2006 - 1

Non atopei exactamente o mesmo modelo. O teu ten unha pantalliña na barriga e fala cando lle apretas unha man. Como o seu nome é moi parecido ao teu faiche moita graza.
REIS PELACHO 2006 -1

Creo que vos vou deixar aquí os regalos de que máis gostastes este Nadal. Para que poidades lembralos cando sexades grandes.
24 Janeiro 2006
O pelacho con espontaneidade e en ton despreocupado:
-Mamá, cando yo sea mayor como vosotros... vosotros seréis viejos como los avós.
-Pois si, claro.
-Y cando yo sea viejo como los avós... vosotros os vais a morir... y os veré en carne y hueso. Y vuestros espíritus... los veré subir entre las nubes... porque os vais a morir, eh.
-Si, algún día. Como todo o mundo, meu neno.
-Si, como todos.
23 Janeiro 2006
O pelacho no carro á tarde, de volta para casa:
-Cando sea grande, grande, muy grande, que ya sea un papá... voy a tener un hámster!
-E por que queres un hámster?
-Porque me gustan... las criaturas peludas.
20 Janeiro 2006
O primo J. a coa súa mai mentres estaban a ver un filme de Winnie de Pooh:
-Tigger no tiene cama.
-No, duerme en un cajón de una cómoda.
-Como papá en el hospital!
18 Janeiro 2006
17 Janeiro 2006
15 Janeiro 2006
14 Janeiro 2006
13 Janeiro 2006
11 Janeiro 2006
10 Janeiro 2006
-¿Qué es la poesía?
-A poesía é falar de maneira diferente á habitual. Por exemplo, que se pode dicir de... da sombra?
-Que está callada.
-Claro, non é o habitual pero é certo. Se queres hoxe, en lugar de ler un conto antes de ires para a cama, podemos facer un poema.
-¡Vale!
O papá e o pelacho encetaron un pequeno caderno pautado de Miquelrius escribindo os seus nomes na primeira folla. O pelacho quixo por suposto poñer o seu, unha das pouquiñas palabras que xa é quen de escribir.
-Dicías que a sombra está calada. A poesía é como un espello, que nos di como somos pero está calado...
-¡¡Claro!!
-Está en silencio. Como rompemos o silencio?
-¡Con nuestros gritos!
-E, como calquera outro espello podemos, por exemplo, rompelo tamén como o silencio. Por que poderiamos romper o espello?
-¡Porque no nos gusta como somos!
O papá ía tomando notas até que o texto ficou máis ou menos así:
La sombra está callada
como el cristal que nos muestra como somos.
Rompemos el silencio del cristal con nuestros gritos
porque no nos gusta
lo que vemos en el espejo.
Ao papá e ao pelacho pareceulles que xa tiñan un poema.
09 Janeiro 2006
O pelacho a montar unha aventura a varias voces no carro, co boneco do Home Antorcha que lle trouxeron os Reis:
-¡Tu, ven aquí que voy a acabar contigo! ¡Eres un impostor!
-Sabes o que significa impostor?
-Sí. Un impostor es uno muy malo... uno que hace cosas muy malas!
08 Janeiro 2006
04 Janeiro 2006
Nos primeiros posts falaba máis de min que de vós. Trataba de comprenderme máis que de entendervos. Neste momento sodes vós, agora durmidos, quen facedes que este blog camiñe.
02 Janeiro 2006
A tía T. a escribir a carta para os Reis co pelacho:
-A ver, pelacho, empezamos la carta: Queridos Reyes Magos: me llamo Pelacho y soy un niño...
-Muy travieso.
-Bueno, hombre, un poco travieso, pero eres un niño bueno.
-Soy muy travieso. Pon que soy muy travieso.
-Pero es que eso no lo vamos a poner, en la carta para los Reyes...
-Síííí, tienes que ponerlo. Hay que poner toda la verdad. Si no, ¡no me van a traer nada!


