23 agosto 2007

1.

06 maio 2006

TRASLADO

Con grande agradecemento para Blogaliza, levo o blog dos pelachos para alí.

04 maio 2006

SEIS GRAOS DE SEPARACIÓN


Faltan moi poucos días...
Aínda estás en tempo de te apuntares

O pelacho e o primo J. quixeron facer pis xuntos e colocáronse a ambos os lados do váter:
Primo J.: ¡Oh! ¡Son distintos!
Pelacho: ¡Claro, el mío es más grande porque soy mayor!

03 maio 2006

A pelacha estaba coa avoa a observar nun reloxo de cerámica a figura dun sol con rostro humano:
-Papá!
-No, pelacha, es un sol.
-Papá!
-No, pelachiña. Es un sol.
-Papá!
-Pues es papá. Lo que tú quieras!
-Sol.

02 maio 2006

CONVERSA DE PELACHOS NO CARRO


-Pelacha, di sí.
-Non!
-Pelacha, di no.
-Non!!
-¿Tú lo dices todo al revés? ¿Cuándo dices que sí quieres decir que no? Preguntoulle o irmán nun grande esforzo por procurar unha relación causa/efecto.
-Non!!!

01 maio 2006

Meus queridos pelachos,
Até hai un par de anos este día foi para min unha xornada de traballo pola mellora das condicións laborais, partillando manifestacións, mitins e xantares cos compañeiros de sindicato.
Hoxe por hoxe teño máis confianza en que centrando as miñas enerxías en axudarvos a que sexades persoas felices, o mundo sexa algún día un pouquiño mellor que con calquera outra acción ou militancia que poida desenvolver.

PELACHO

Subimos un novo post do pelacho. Eu actúo de mecanógrafa.

HELP!

Hai días que a pouca cacharrada que tiña na coluna da esquerda decidiu marchar para o fondo da páxina sen pedir permiso e sen ter eu feito nada para merecelo.
Se sabes ó que hai que facer para subirlle os pantalóns ao blog de novo, agradeceríache moito que mo contases.
Saúde!

Unha do sobriño de Miriño


Pregúntalle a nai ao sobriño de Miriño:
-¿Y que idioma habla el tío?
-Inglés.
Miriño:
-????
(Isto viña porque o cativo, ao escoitar uns chineses a falaren, díxolle á nai:
-Mira máma, esos chicos hablan inglés... como la abuela, a veces...
(Imaxe: Babel1, do pintor arxentino Diego Manuel)
(Por esta vez e sen que sirva de precedente, a foto é miña. Está tomada en Islandia nunha fábrica de procesamento de bacallau)
-¿Como es un pez por dentro?
-Ten tripas, músculos, que son a carne que comemos...
-¿Y cerebro?
-Claro.
-¿Más grande que el nuestro?
-Os peixes pequeniños non poden telo máis grande. Non ves que moitos peixes enteiros son máis pequenos que o noso cerebro?
-Ah.

27 abril 2006


-¿Me enseñas a decir las cosas de otra manera?
-Como, doutra maneira?
-Los camareros dicen las cosas en otro idioma... que se llama jerga, verdad?
-Pois, que queres que che diga, agora mesmo non me fago idea.

26 abril 2006

COCHES DE CHOQUE E/OU TARTARUGA?

O domingo pasado combinamos con D., F. e S., que xa fixo un aniño, e vímonos nos xardíns de Méndez Núñez. Eles viñeron acompañados dos avós de S., que estaban a pasar unha tempada na Coruña.
Mentres ti andabas nos coches de choque os avós de S. mercaron globos para as pequenas. O da pelacha marchou polo ar arriba en cousa de dous minutos e foisubstituído por unha tartaruga de plástico chea de ar, non de helio esta vez.
Cando voltaches dos coches de choque:
-Oh, pelacha, ¿me prestas la tartaruga?
-Non!
-Anda, pelacha, déjamela un poquito.
-Non!
Entón, cinguíndote polos ombros, apartámonos dos mais e expliqueiche:
-Os avós de S. mercaron estas cousas para as nenas porque son pequenas. Ti xa tiveches moitos globos de cativiño.
-¿SÍ? Dixeches como sen lembrar o pasado tan próximo.
-Pois! Non houbo globo para ti porque pensamos que ti preferías os coches de choque... en cambio elas non poden montar nos coches.
-¿No?
-Non. Son demasiado pequenas. E ademais has de andar canto queiras coa tartaruga en canto a pelacha se farte dela.
-¿Sí? ¿Y cuánto...?
-En cinco minutos, xa verás.
-¿Sólo cinco minutos?
-Como moito! Enténdelo agora?
-¡Sí! Dixeches liberándote do meu brazo e botando a brincar como case sempre cando anda pola rúa.

25 abril 2006

DIÁLOGO DE OLLOMOLES










-¿Sabes lo que es una sinfonía?
-Dimo ti.
-Pues es uno que toca la guitarra.
-E iso quen cho dixo?
-Mi profe de gimnasia.

23 abril 2006

6º DE SEPARACIÓN

Acabo de actualizar o xogo.
Comezamos en cinco días

20 abril 2006

-¿Hasta cuántos años cumple un niño?
-Queres dicir cantos cumpre até que deixa de ser neno?
-Eso.
-Pooois... como 14 ou 15...
-Pues yo creo que más bien 16.
-Iso depende do sentidiño que teña.
-¡Pues yo a los 16 seguiré siendo un niño!
-Pobre de ti! :)
-¡Jajajajajaja! Seré muy grande pero seré un niño de 16.
-Ti verás, pero aos 16 os rapaces con sentidiño xa van de acampada sós cos amigos, compran a súa roupa e moitas outras cousas...
-Yo seguiré siendo un niño
-Ti pásalo moi ben sendo un neno, non?
-Sí.

Aula de física


-¿La luz traspasa el cristal?
-Si, claro.
-Pero en un espejo rebota y se convierte en un rayo, pero poco potente, que no mata a nadie ni nada.

17 abril 2006

Esta mañá enfadeime contigo, pelacho. Non tiñas gana ningunha de voltar ao cole despois das vacacións e levantácheste máis despistado que de costume. Cando xa estabas vestido e peiteadiño fuches para a sala, como todas as mañás, ver uns poucos debuxos animados mentres eu levantaba a pelacha. Como de costume díxenche que tomases o Actimel con coidado mais, cando entrei na sala coa pelacha, ti estabas de pé frente á tele co envase na man e todo o iogurte repartido entre os pantalóns e o chan. Creo que o que me cabreou foi que seguises a ver a tele como se nada, sen avisar de que che tiña caído.
Díxenche que parecías un bebé e pareceuche fatal. Dixeches que non a berros. Entón eu díxenche que se non o eras non actuases como se o foses.
De alí a un pouco arrepentinme moito de terche falado así. Creo que fun dura de máis. Pero é que ás veces me superas :)

16 abril 2006

LAWRENCE DE ARABIA

Unha tarde de hai catro anos e pico, sen saber ben por que lle pasou nese momento pola cabeza, o papá contouche por primeira vez o conto de Lawrence de Arabia, pelacho, cando te sacaba da ducha embrullado nunha toalla. Hipnotizoute de tal maneira o contacto co deserto, que durante moito tempo o papá volveuche contar a historia día tras día ao te sacar da ducha. Mais da mesma maneira que Awrence (Orens, como o chaman os árabes no filme de D. Lean) asomara no noso cuarto de baño unha tarde de ducha, desapareceu outra tarde e non se volveu saber del.
Hai uns meses, cando o galope do seu camelo volveu resoar nos oídos do papá comezou a cho contar a ti, pelacha. E desde ese día, todos.

A vosa historia comeza ao entrardes na toalla, talvez pola forma semellante a un turbante que suxire sobre as vosas cabeciñas. Papá cantaruxa o fragmento máis coñecido da banda sonora de Maurice Jarre: naaá-naaa—na-ná-ná-ná-naaá-naaa--na-ná-ná-ná-naaá-naaa—na-ná-ná-ná-naaaaá. E arrinca o conto (que o papá acaba de escribir para vós):

LAWRENCE DE ARABIA

[O pelacho ou a pelacha no colo, abrigados pola toalla, a verse comigo no espello, cantaruxando a banda sonora da peli e mergullando o corazón na seca e quente area da inhóspita Arabia]

Lawrence de Arabia camiñaba polo deserto co seu camelo... [dicimos que non coa cabeza] e non tiña auga. O sol queimaba a súa pel, o vento do deserto [asopro levemente o cabelo dos pelachos] abrasaba o seu cabelo, e Lawrence de Arabia [dicimos que non coa cabeza] non tiña auga. Entón, desesperado, ergueu os brazos [erguemos os brazos] para o ceo e clamou: “Meu Deus, axúdame, que morro!”. Ao baixar os ollos observou no horizonte a cor verde das árbores do deserto... e pensou [tocamos con dedo índice na fronte]: “Onde hai árbores hai... [xuntos:] auga, e onde hai auga hai... [xuntos:] vida! Corre, corre, meu cameliño, [camiño do baño ao cuarto dos pelachos imitando un trote cansino de camelo sedento] que alí hai un oasis!”. Cando chegaron, esgotados, viron un río de augas transparentes de dispuxéronse a beber: Lawrence sorbía auga da man [facemos que bebemos do cóncavo da man]; o camelo aplicaba directamente o fociño na auga [imitamos o camelo movendo a cabeza para adiante unha e outra vez]. E así, mais unha vez, Lawrence de Arabia superou a dura proba de atravesar o deserto.

15 abril 2006

-¿El hombre del tiempo dice el tiempo que él quiere que haga o el que va a hacer porque lo sabe?
-Di o que sabe, porque o estudan observando o ceo e con aparellos. Non é o tempo que decide el senón o que as persoas que se dedican a iso pensan que imos ter.
-Ah.
(Por certo, esta é a previsión para hoxe segundo a CNN)