-El opio... porque yo sé lo que es el opio...
-E que dis que é o opio? Dixen eu con asombro.
-El opio... se fuma. Y los que lo fuman ya no quieren hacer otra cosa que seguir fumando.
Encántanlle os tebeos de Tintin. A noite anterior estivéralle a ler o papá un bo pedazo do Loto Azul.
21 dezembro 2005
19 dezembro 2005
17 dezembro 2005
A avoa dos pelachos co primo J. de 3 anos:
-A ver, escribimos la carta para los Reyes: Queridos Reyes Magos...
-¿Cómo se llaman?
-Melchor, Gaspar y Baltasar. Queridos...
-¿Y lo apellido?
-(En toda mi vida de maestra ningún niño me hizo nunca semejante pregunta. ¿Y qué le digo yo?) Hmmmm... Magos de Oriente!

16 dezembro 2005
-Mamá, los Reis Magos nacieron para hacer regalos.
-E ti? Para que naciches ti?
-Yo? Para recibir regalos... Y... los Reis Magos... se van a hacer viejos?
-Xa o son.
-Pero... se pueden morir?
-Brrrrr... (decido rápido se dicir si ou dicir non) Non, non van morrer, porque teñen que seguir levando regalos a todos os nenos.-¿Y... si viene una espada que le corta la cabeza a uno de ellos... luego se le vuelve a colocar sola?
Isto lémbrame a aquel día que nos preguntou: -¿Y si yo me muero sale otro igual?

14 dezembro 2005
O ano pasado o pelacho andaba obsesionado coa existencia de Supermán, Batman, os vampiros e os monstros en xeral. Nós diciámoslle que eses seres só existían nos contos. Chegadas estas datas atopámolo un día a falar só, dicindo: -Claro, los Reyes Magos no existen, claro...
O Nadal pasou, pasaron os Reis pola casa e o asunto esqueceuse. Mais hoxe un amigo noso preguntoulle se xa escribira a carta para os Reis. -Bueno... la carta es para unos que se visten de Reis Magos... E así andamos.

13 dezembro 2005
08 dezembro 2005
06 dezembro 2005
03 dezembro 2005
Vou falar coa profe do pelacho. Dime que meu fillo é tan listo como lacazán. Con todo, mellorou moito desde o ano pasado nos aspectos que peor leveba: debuxar e colorir.
-Xa ves que debuxos me fai. Só monstros, e eu dígolle: pero isto é unha trapallada. -É que os monstros son así. -E non o saco dos monstros.
A profe contoume que non hai quen o manteña sentado e eu cóntolle que tamén eu era así, e que até que me chegou o momento de madurar non fun quen de me centrar no que me desgustaba, o cal non quita para non sexamos conscientes de que hai que axudalo a asentar día a día.
Dixo que moitas veces ten de virar a cabeza para que non a vexa rir das súa ocorrencias e aí é cando me dou conta de que lle ten pillada a agulla de marear. Polo que, indirectamente, a informo de que nós sempre cumprimos os castigos que lle anunciamos porque se finximos esquecelos, fará unha máis gorda en canto se lle pase pola cabeza. Tamén lle digo que até hai pouco non podía evitar darse o gustazo de recriminarnos con sorna que nos tiñamos esquecido, mais agora xa ten a picardía de non dicir nada porque descubriu que lle compensa conterse; porque a alegría da chulería é a antesala da penitencia :-)
A profe sorrí de medio lado e fai unha declaración de intencións: -Agradézoche moito o que me dis. Non lle porei castigos que non estea disposta a cumprir.
Polo demais coméntame que o pelacho ten un vocabulario e unha expresión excepcionais e que lle encantan as actividades de lectura, lóxica e cálculo, ademais da xinasia, claro. Que non precisa razoalas, veas directamente. É por iso que lle amola tanto a súa falta de madurez en cuestións disciplinares e de traballo rutineiro. Non entende que lle custe tan pouco o difícil e tanto o fácil. Mais o difícil e o fácil non son categorías obxectivas.

Subscrever:
Mensagens (Atom)