23 agosto 2005

Onte domingo fomos pola mañáao parque de Santa Margarida. O pelacho había moitísimo que non vía o seu amigo Antonio e pasouno en grande con el. Ademais démonos conta de que xa non podiamos telo ao noso carón todo o tempo e que tiña que troulear fóra da nosa vista cos demais, aínda que fose o máis pequeno do grupo. Pola tarde fomos á Feira do libro antigo con eles de novo e ao rematarmos de non atopar moita cousa interesante, levámolos aos coches de choque. Daba gusto velos desfrutar a chocar cos outros rapaces. Despois tanto correron polos Xardíns adiante, que cando o noso pelacho se meteu na cama pola noite, comezou a chorar porque lle doían os pés de tanto usalos. Nada que non se puidese compoñer cun pouco de Dalsy que, para a nosa sorpresa fixo efecto imediato (máis ou menos os 10 segundos que lle levou quedar durmido).
E a Pelacha... a pelacha rompeu a andar onte!!!!!!!!!!!!! E como con todo o demais, e a dicir de seu pai, fai igual que fai súa nai, animouse despois de razoarmos con ela para que se intentase botar uns pasiños soa ao xeito. Tamén é certo que cada vez que chegaba aos brazos de un o outro aproveitaba que a tiña de costas para se afastar unha miguiña máis... Unha pequena trampa que, con certeza nos perdoará.
Gran día este domingo!

Sem comentários: