Hai días que a pouca cacharrada que tiña na coluna da esquerda decidiu marchar para o fondo da páxina sen pedir permiso e sen ter eu feito nada para merecelo.
Se sabes ó que hai que facer para subirlle os pantalóns ao blog de novo, agradeceríache moito que mo contases.
Saúde!
01 maio 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
9 comentários:
Amin pasoume unha vez por por unha foto grande. Pode ser que che pasase o mesmo a ti e penso que e a foto dos peixes.
Acabo de reducir todas as grandes pero parece que nada muda. Obrigada anway!
No idea! Unha recomendación para sucesivas ocasións: entra periodicamente na plantilla, copia o código e gárdao coma documento de texto. Desta maneira, sempre terás unha versión anterior á que volver cando sucedan estas cousas :-)
Si, xa sei que estas cousas se avisan antes :-) Vémonos mañán!!! Bks.
E xa postos, podes levarme O Libro de Como Funcionan Las Cosas???
O problema é que non mudei nada na plantilla :(
O libro xa está no coche!
bks
pois eu tiven que andar no modelo para solucionar iso...
o que pasa é que non me lembro moi ben... creo que modifiquei algunha anchura para que as cousas tiveran sitio onde colocarse...
o que si che recomendo se cambias algo no modelo (plantilla) é que fagas cambios de un en un... por se tes cambios inesperados poder ir para atrás...
procuro e xa che digo...
o teu modelo é diferente ao que eu uso, polo que non me atrevo a dicirche ningunha fórmula máxica...
colle os valores que aparecen despois de "width" e vainos cambiando (de un en un, se non non sabes cal é) e vai mirando que efecto producen no blog... e xa sacas conclusións...
espero que che axude...
Obrigadiña, Lúa, a ver cando pillo un momento para facelo :P
xa vexo que lle subiches os pantalóns ao blog... que era?
:-)
eu sospeito, porque acabo de velo agora, que foi o vínculo a blogalego... pero non sei dende cando está...
Nin idea. O pobre debeu ter algunha necesidade perentoria porque, igual que os baixara, volveunos subir. :)
Enviar um comentário