01 maio 2006

Meus queridos pelachos,
Até hai un par de anos este día foi para min unha xornada de traballo pola mellora das condicións laborais, partillando manifestacións, mitins e xantares cos compañeiros de sindicato.
Hoxe por hoxe teño máis confianza en que centrando as miñas enerxías en axudarvos a que sexades persoas felices, o mundo sexa algún día un pouquiño mellor que con calquera outra acción ou militancia que poida desenvolver.

2 comentários:

acedre disse...

Ben dito. Cada cousa ao seu tempo.

R.R. disse...

...aínda que unha cousa non quita a outra... ;-)