24 fevereiro 2006

Parabéns a Berto por chuza. Paréceme unha magnífica idea.
E a respecto do 23-F, e aínda que un pouco tarde xa, lembro que eu estaba no conservatorio, nunha aburrida lección de solfexo, cando entrou un pai na procura de seu fillo por algo moi grave que pasara. Era e seque a ser o aniversario de meu irmán, que pedira como presente unha pisstola de petardos. Foi botando tiros desde a tenda de xoguetes até a casa de miña avoa, para gran susto dunha muller que nos cruzamos polo camiño e para sorpresa nosa. Ao chegarmos á casa de miña avoa, de familia de "rojos" de Ponferrada, soubemos do Golpe e da súa desesperación. Cando meu pai intentou calmala argumentando que a cousa había de quedar en nada, ela respondeu cun rotundo: -Vosotros no sabéis lo que es una guerra civil.

Sem comentários: