21 fevereiro 2006

Ao chegar á casa dos avós despois de saír eu do traballo:
-Ola, pelacho! Como che foi o día?
Cun ton forzadamente entusiasmado: -Me fue genial! no me castigaron nada. Me salió todo genial! no me pusieron ningún castigo ni se enfadó la profe conmigo. Me porté genial!
-Vale home! eu falaba en xeral, non só do cole...
Mais deime conta de que, se ben o ten máis que merecido por todas as falcatruadas dos últimos tempos, talvez nos estabamos pasando xa un pouco co asunto do colexio.
A pelacha xa di unha chea de cousas como pan, man, chama a canucha, chama polo nome a todos os membros da familia, pide máis bocata cando o acaba (tata) e o domingo pasado comeu o seu primeiro cocido do Entroido no meu colo, con orellas incluídas!

Sem comentários: