01 fevereiro 2006


A pelacha está a pasar a súa primeira etapa do "NON". Di non a todo sistematicamente e a berros, mais especialmente cando alguén lle pide un beixo. Onte tíñaa eu no colo e pedinlle un beixiño.
-NON!
-Anda muller, dáme un beixiño, que me gustan moito.
-NON!
-Non me queres dar un beixiño pequeno?
-NON!
-Pois nada, non mo deas.
E, como dez minutos máis tarde, cando se fartou de enredar coas cousas que había sobre a mesa e fixo un aceno de querer baixar, volveu atrás e achegando a súa boca á miña meixela, dixo:
-MUA!
E baixou para o chan.

Sem comentários: