01 fevereiro 2006


Co pelacho no carro indo para o cole:
-Los Reis no tienen xoguetes.
-Como que non? E logo, todos os que lles levan a todos os nenos?
-Non, que eles non teñen.
Xa pensei que, unha vez pasado o día, volvía coa teima de que os Reis non existen. Mais estaba claro que eu non estaba a percibir o que me quería dicir.
-Quiero decir que los Reis no pueden pedirles xoguetes a los Reis, porque son ellos mismos.
-Ah, claro. Pois tes razón que non poden... Dixen eu agardando que seguise a falar o pelacho.
-Pero podrían pedírselos a... Santa Klaus, por ejemplo.
-Esa é unha idea moi boa, pelacho. Se cadra xa o fan.
-Si. Y Santa Klaus se los podría pedir a los Reis también.

Sem comentários: