10 fevereiro 2006

Estabamos na casa dos avós paternos. O pelacho e o primo J. a faceren moedas de chocolate coa tía T. A avoa a recoller a cociña e a pelacha no meu colo a lamber un chupa. Entón acordou a prima P. e xa non chegaman as mans. Pedinlle á tía que ma sentase na perna que tiña libre, a ver canto aguantaba e comezou a pedirlle chupa á pelacha. A pelacha deixouna lambelo unha vez e pediu máis, e máis... Acabaron comendo o chupa entre as dúas equitativamente entre as gargalladas de todos e a impaciencia e a satisfacción da prima. Foi tan divertido que o repetiremos logo.

Sem comentários: