26 março 2006




Remata unha fin de semana das que fan época. Venres tiven que botar o día e ficar a durmir en Compostela polas xornadas de formación que a editora en que traballo organizaba para mestres de toda Galiza. Tras as sesións da tarde, cóctel nun hotel e festa oitenteira que nos encargamos de poñer a andar, con traxes da época e todo. Alguén acabou por preguntarme se eu era unha animadora do hotel. O que tal me faltaba!

Á mañá seguinte novas sesións e despedida. Xantamos e cadaquén marchou para a súa casa. Ao chegar, o papá foi co pelacho a óptica para recoller os óculos novos e eu coa pelacha ao supermercado para amañar sen complicacións a cea planeada na casa con Suso, Carmen e Pawley.

Que rápidísimo pasou o tempo! Cando nos demos conta xa eran perto das catro "pola nova", esa expresión tan estendida, que só se utiliza dous días no ano.

Hoxe non demos saído da casa até pasada a unha, así que só tivemos tempo para que o pelacho estrease os novos patíns que mercou o outro día cos aforros e para mercar o xornal e mais o pan. Foi na panadería onde o pelacho entrou dicindo:

-¡Hola! Soy el mismo de siempre... sólo que con gafas. Y queremos una baguette.

2 comentários:

Anónimo disse...

Pois eu nin siquera baixei a mercalo pan, para min foi un día anodino de todo, un día sin pan polo tanto o pan comeu só...
Desvarios de domingo.
Unha aperta.
:)

acedre disse...

Ese Pelacho e de premio coas ocorrencias que ten.