28 agosto 2005

AAAAAAAAAAAAAAAAAAAI... (con ton melancólico)

Pois remataron as vacacións e mañá volto á oficina... e xa está.
Hoxe o papá e o pelacho foron ao cinema para ver a Fábrica de Chocolate, de Tim Burton. Chegastes tarde, viña mal indicada a hora no xornal, e perdestes medio filme mais papá di que para ser o teu primeiro Tim Burton, chegou ben. Viñeche encantado do rule polo centro comercial e aínda estaban os primos cando voltastes.
A pelacha xa se agacha soa e sen apoio para apañar calquera cousiña do chan. O de calquera cousiña vai en sentido literal porque es especialista en atopar pelos, motas de po e até un dente dun selo se for preciso. Non tes moita gana de falar; igual que fixo o pelacho á mesma altura, é como se vos negásedes a falar até saber que vos vai saír pola boca exactamente o que queredes escoitar... xa veremos.
Xa de volta no bairro paramos unha horiña na praza, o tempo suficiente para que o pelacho apañase toda a suxidade que collía na súa roupa, vamos, a tope.
A tía T sabe que estou a escribir estas cousas e lémbrame que non estaría de mais lembrar algunha anécdota das históricas, como cando o pelacho lle pediu a Dulce un zume de mala maneira e Dulce díxolle: "pero fáltache algo... dúas palabras... poooooor...?" "¡por pajita!", respondeu el. Ou o día que lle puxen diante un prato de lentellas e el, coñecedor da fábula, dixo laconicamente: "las dejo".

Sem comentários: