27 agosto 2005

Hoxe pasei todo o día na cama por un ataque de lumbalxia e papá non foi traballar por coidar de vós. Papá está a facer unha substitución dun compañeiro que rompeu un brazo e traballa de 3 a 12 da noite todos os días esta temporada. Foi un día moi divertido, o pelacho estivo moi ocorrente: papá regalouche unha caixa metálica con chave avisándote ben de que non a deixases dentro, cousa que ocorreu 5' máis tarde pero coa axuda dun clip conseguimos abrila. A pelacha camiñou por toda a casa todo o día e protestache con enerxía cada vez que papá te poñía no parque ou na cadeira para facer algunha cousa. Cando a pelacha xa durmía ceamos os tres no noso cuarto. Pasámolo moi ben. O pelacho sostiña que a cocacola light e sen cafeína non tiña burbullas e a ver quen o convencía do contrario. Xogache con papá á Plstation e ao principio do xogo (de loita) querías pasarlle o mando a papá porque ti dicías que che daba grima que te matasen. Antes diso estiveche castigado por meterlle medo á Ruca (como ves que outros nenos o fan na rúa, andas un pouco traste con iso) a facer 2 páxinas dun caderno de Rubio: non che gusta nada colorear nin seguir as liñas de puntos, así que é un bon castigo para non ter que dramatizar e ademais Balbina, que é a túa profe de Infantil, seguro que nolo agradece.
Estes día andamos tamén a aprender a ler como que non quere a cousa e teño que dicir que foi fantástico compartir contigo a emoción que sentiches cando te diche conta de que acababas de ler a túa primeira frase enteira: mi mamá me ama.

1 comentário:

Anónimo disse...

How are you today? Hey, have you heard about the brand new free eBook by Stephanie Woolford? It's called Infinite Web Traffic and it will show you how you can get tons of website traffic! I read it a coupleof days ago, and since following her system, my sales have skyrocketed! Thought maybe you could use it as well.

http://www.InfiniteWebTraffic.com