21 agosto 2005

Hoxe paseábamos polo parque de Eirís, eu de pantalón branco, e apareceume unha mancha vermella tremenda. Ollei o pantalón e o Pelacho tiña gardado dúas moras no meu peto, que foran esmagadas e conveniente esparexidas por todo o tecido que acharon perto. A Pelacha está a piques de soltarse a andar, aínda reclama a nosa man pero como valentía por fin accede a camiñar uns pasos sen axuda se nos poñemos ao final do seu percorrido.

Sem comentários: