12 setembro 2005

O pelacho xa ten cinco anos. Hoxe comezaba o curso e foi ao reencontro dos vellos amigos. Cando cruzabamos o portalón de entrada preguntoume:
-Mamá, ¿Tú te acuerdas de los viejos tiempos?
Claro que si, home, claro que si.
Creo que non contaba con se sentir tan contento voltar ao cole; ademais, íalle repetindo a canta nena, neno, pai ou nai se cruzaba, que xa tiña cinco anos e que agora era dos maiores. Como el xa non agardaba por resposta ningunha, non chegaba a ver que os adultos rían coa ocorrencia e que os cativos, maiores ou menores que el, poñían cara indiferenza activa, que consiste en esforzarse en mostrar que o que dis non me importa nada.
Repartiche larpeiradas a todos os compis e convites para a festa aos máis amigos. Será no Kórkora Park e virán Jorge, Pati, Anita, Pedirño, Silvia (os primos), Serguei, Sasha, Marcos, Miguelito, Xoán, Alexia, Yaiza, Javi, Lara e algún máis. Existe todo un gran debate sobre as festas de aniversario en centros de festas infantís si ou non, que dá para moitas sobremesas animadísimas, sobre todo se os participantes están divididos entre progres e carcas (agora chamados en xeral conservadores), mais como neste momento o pasades tan ben neses lugares, e cadra tamén que podemos dispoñer dos cartos precisos para facelo, encántanos que o desfrutes cos teus amigos.
Papá érguese mañá ás cinco da mañá e eu ás seis e media. Teño ganas de lembrar algunhas cousas máis sobre este día mais vai ter que esperarar o blog até mañá.

Sem comentários: