13 setembro 2005

A pelacha probou hoxe o novo horario con madrugón incluído e aguantou o tirón sen durmir máis que os outros días. Hoxe estivo a xogar aos "cacharritos" cos Carlos, Raquel e o pelacho. Desfrutaba un montón entre eles comendo as comidiñas que lle daban e facendo de filla na familia improvisada. Fíxoseche un pouco cedo ir para a cama ás 8:30, pero é preciso durmir, neniña.
O pelacho explicoume esta mañá algo que eu non sabía:
-Los gérmenes son unos bichitos que tenemos en el cuerpo. Y los hay de dos tipos: los gérmenes malos y los gérmenes buenos, que son los que se comen a los malos. ¿Lo sabías, mamá?
Neste caso díxenlle que si só porque se notaba que esperaba que llo dixese. Para comerte.
O primo comezou hoxe no colexio. Nin nos atreviamos a aventurar a súa reacción e, aínda así, conseguiu sorprendernos a todos. Hai un mes na praia choraba se súa nai marchaba á beira da auga a darse un baño, hai un par de semanas choraba cando seus pais marchaban facer a compra e hoxe repetiu para seus pais o convite da profesora de que nais e pais podían saír tomar un café se o desexaban, antes de voltaren ás casas cos seus fillos. Para comelo! Hoxe a fame róndame seguido.

Sem comentários: