
-Mamá, ¿es verdad que las estrellas cumplen nuestros deseos?
-A verdade é que non. Pero sería bonito, non?
-Sí. Si fuera verdad yo les pediría muchos robots que hicieran todo lo que yo les dijese.
O pelacho naceu o 12 de setembro de 2000 e a pelacha o 8 de xuño de 2004



Hai xa bastante tempo que o pelacho anda a morder nas unllas e despois de moito falalo con el acordamos que lle botariamos un deses produtos que venden nas farmacias e que saben a raios benditos. Como ten o aspecto do verniz transparente, ao principio botábamosllo unha vez e non repetiamos até que lle ía marchando. Entón preguntámoslle: -Pero non che saben moi mal os tedos así? E literalmente nos dixo:



Buff! que atrasada ando ultimamente e, agora que o vexo, que desastre de colocación das fotos. Terei que aprender a facelo mellor.
O luns pasado veu o primo J. xogar cos pelachos. Había días que repetía que quería virl el só, sen seu pai nin súa nai e así foi. Ergueuse esa mañá preguntando se había de vir e con sorpresa ao ver que seus pais saían da casa con el. Preguntoulles onde ían e respondéronlle que eu non o podía ir recoller porque estaba soa cos primos na casa. Chegou e botaron a mañá a xogar. O pelacho foi o anfitrión perfecto, re-mostrándolle todos os xoguetes, pois había moito que non viña pola casa, e propóndolle xogar a todo o que sabía que el gostaba. Saqueilles a pelacha de diante nun par de ocasións para que non lles desbaratase os tenderetes que montaran e rematamos a facermos todos xuntos figuras de plastilina.
-Adiós pelacho. Me lo pasé muy bien en tu casa. Otro día vuelvo.
E volverás, volveredes, volverán, volveremos. É unha ledicia velos criarse os catro xuntos e poder sentilos por igual, como os cachorros do clan.
