13 março 2006


Este é un dos libros favoritos do pelacho. Ten tantas e tantas páxinas cheas de fotografías dos animais máis incribeis que, o abra por onde o abra sempre atopa algunha sorpresa. Como aínda non botou a ler, sempre nos pìde que sentemos con el a lerlle os pés de foto. E nesas andabamos o outro día cando demos con non sei que tipo de peixe cuxa femia cava un burato na area onde pon os ovos que son, á súa vez regados de esperma polo macho co fin de fecundalos. Explícolle que en case todas as especies animais hai unha femia que pon un ovo ou máis e un macho que fornece o esperma necesario para que ese ovo dea lugar a un novo ser.
-¿Y así hacemos nosotros también? ¿En el suelo?
-Non. Hai animais que sacan o ovo fóra xa ao principio, despois fecúndase e logo dun tempiño saen as crías, como os peixes, e hai outros animais en que a femia non saca o ovo fóra até que xa está fecundado, como as galiñas. E outras especies en que as femias levan o ovo dentro dos seus corpos até que´as crías xa poden vivir fóra, como os cans, as persoas e en xeral todos os animais de catro patas.
-Pero entonces, ¿como hacemos las personas? ¿Con besos?
-Beixos tamén nos damos, pero con beixos só non se fai ningún bebé. As mulleres temos un ovo todos os meses. Non vaias pensar que é grande como os das galiñas. É moi pequeniño. Se non se vai converter en bebé, ao final do mes sae para fóra, a regra, xa sabes.
-Sí, cuando sangras.
-Exactamente. Pero para que acabe converténdose nun bebé ten que xuntarse co esperma dun home.
-¿Y entonces se saca para fuera?
-Non. É o esperma o que se mete onde está o ovo. E o ovo está ao final do camiño desde o buratiño...
-¡Por onde salen los bebés cuando nacen!
-Xusto! pois o esperma ten que chegar até o fondo do camiño.
-¿Y de donde sale?
-Polo pito. Polo mesmo sitio que o pis cando mexades. Nós temos un buratiño só para mexar e vós tedes o mesmo para as dúas cousas. Entón o pito ten que entrar polo buratiño que se chama vaxina e alí deixa o esperma onda o ovo cando se quere facer un bebé. Despois pasan nove meses...
-¡Y nace el bebé!
-Así foi contigo e coa pelacha!

1 comentário:

Unknown disse...

8-o

e como o resolvestes?