04 março 2006







Buff! que atrasada ando ultimamente e, agora que o vexo, que desastre de colocación das fotos. Terei que aprender a facelo mellor.

O luns pasado veu o primo J. xogar cos pelachos. Había días que repetía que quería virl el só, sen seu pai nin súa nai e así foi. Ergueuse esa mañá preguntando se había de vir e con sorpresa ao ver que seus pais saían da casa con el. Preguntoulles onde ían e respondéronlle que eu non o podía ir recoller porque estaba soa cos primos na casa. Chegou e botaron a mañá a xogar. O pelacho foi o anfitrión perfecto, re-mostrándolle todos os xoguetes, pois había moito que non viña pola casa, e propóndolle xogar a todo o que sabía que el gostaba. Saqueilles a pelacha de diante nun par de ocasións para que non lles desbaratase os tenderetes que montaran e rematamos a facermos todos xuntos figuras de plastilina.

-Adiós pelacho. Me lo pasé muy bien en tu casa. Otro día vuelvo.

E volverás, volveredes, volverán, volveremos. É unha ledicia velos criarse os catro xuntos e poder sentilos por igual, como os cachorros do clan.

1 comentário:

leco disse...

segundo eles temos aquí un boneco de neve negro, un avión e un moucho.