07 março 2006

Hoxe contoume a avoa S. que non podía parar de rir cando a pelacha, ao vela a ela sacar os dentes postizos para lavalos, comezou a tirar dos seus propios crendo que, como os da avoa, eran de quita e pon.

2 comentários:

Anónimo disse...

A miña filla, de pequena, cando llos via sacar a miña nai sempre lle pedia que llos deixase chupar, porque estaba convencida de que eran de caramelo...
Bicos.

leco disse...

Hahahaha! Iso é boísimo! min cóntanme que unha vez que operaron a miña avoa e leváronme vela ao hospital, cando lle vin os dentes nun vaso no baño, dixen: -Dentes de burro!