15 novembro 2005

Caemos na conta de que aínda non comentaramos co pelacho que as nosas amigas M e D casaban, supoño que porque falamos con frecuencia da voda e porque os pelachos non van vir connosco esta vez.
-Non sei se te diches conta de que ultimamente falamos moitas veces da voda de M e D.
-ahá
-pois é que dentro de 3 semanas casan.
-¿Cuánto es 3 semanas?
-21 días.
-21 días! Dixo con asombro. E por que casan?
-Pois porque están namoradas e queren facer unha festa cos amigos.
-Yo quiero ir!
-Ti esta vez ficarás cos avós porque é unha festa en que hai que estar sentado á mesa desde a hora de comer até a noite...
-Ah, vale. Pero me quedo a dormir también, eh!
-Por suposto!
-Y por que está enamorada M de D? Preguntou con expresiçón de non comprender?
-Unha muller pode namorarse dun home. De quen estou eu namorada?
-De papá!
-Un home pode namorarse dunha muller. De quen está namorado papá?
-De ti!
-E unha muller tamén pode namorarse doutra muller e un home doutro home, e poden casar se queren.
E entón veu a gran pregunta:
-E se un home se namora dunha muller e tamén dun home poden casar os tres?
-Pois non, polo momento non.
-Por que?
-Pois porque aínda non hai moita xente que o queira facer, supoño...
-Por que?, preguntou con moita sorpresa.
-Imaxino que porque é mais complicado organizarse entre tres que entre dous.
Pero pola cara que me puxo creo que non entendía que era o que tiña a ver o amor coa organización.

2 comentários:

Cesare disse...

:D

moitas veces lembro aquela frase de: gustaríame ser álvaro [?] e ao mesmo tempo eu para xogar con álvaro [?]

leco disse...

pois pasados xa tantos meses desde o verán aínda se lembra del con frecuencia, de que xa falta menos para voltarmos a Coroso e ver o seu amigo Álvaro!