30 março 2006

O pelacho escóitanos con frecuencia falar de blogs e, aínda que el non sabe o que eu gardo aquí, aparte de algúns dos seus debuxos, o outro día díxonos que el tamén gostaba de ter o seu propio blog. E puxémonos mans á obra. Estudamos infinidade de plantillas na procura dunha de Spiderman... e atopámola!
O noso pelacho aínda non sabe escribir máis que unhas cantas palabras, mais está todo ilusionado con gardar as súas cousiñas na súa caixa dos tesouros.

12 comentários:

Anónimo disse...

Chuzada. Dádelle un bico :-) e á pelacha do 'podcast', outro ;-)

acedre disse...

Hai que ir empezando, non?.

miriño disse...

Mi madriña... creo que é o blogueiro máis xoven que coñezo...

Por certo, perdinme no do podcast da pelacha. Acaso se poden escoitar os seus números? Onde, onde? :)

Beijinhos.

leco disse...

Miriño: Si. Podes escoitalos se premes no botón do play que aparece na caixiña.

miriño disse...

Ui... estou torpe...

Que play? Que caixiña? Non o vexo por ningures...

Beijinhos.

leco disse...

No post do 29 de marzo: eis os números...
debaixo deberías ver unha caixiña verde de EVOCA. Hai que premer na tecla de play, xa sabes, a do trianguliño deitado ;)

miriño disse...

Ah, por iso non o vía... porque non me aparece...

Probei tanto no internet explorer como no firefox... nada, non aparece ningún trianguliño...

Pero o caso é que fixen unha búsqueda no código e atopeino:

http://evoca.com/myrecordings/recBlog.jsp?rid=3273

un uuu
dous dou
tres tei
catro tato
cinco tatooo!!
seis sei
sete
oto
nove
deee!!!

Máis ou menos sería así, non?

;-)

Xa están os pelachos conectados ao mundo!!!!

Beijinhos.

leco disse...

Siiiiiiiiiii!
Beijinhos 1000
Pois non sei por que non o poderas ver. Igual é polo nivel de seguranza, o asunto das cookies, non sei

miriño disse...

Pois non che sei, non...

Non me puiden resistir a polos números na 'casa de los vientos'. Se non che importa, claro... se non, con borrar soluciónase.

Beijinhos.

leco disse...

Todos teus! :)

hojasdehierba disse...

Claro, os nenos sempre queren imitar aos pais :).
Está ben que esta vez sexa posible, ainda que de aquí a pouco teredes que pelexar para coller o ordenador ;)
Unha aperta.

Anónimo disse...

Dille a Pelacho que me encantou o seu blogo e que é un gran dibuxante.
Bicos.