11 abril 2006

A cada unha o seu!

-Deixa, pelachiña, que che vou quitar unha legaña que tes nun ollo.
-Non.
-Si, muller, que a tes aquí no ollo e molesta.
-Non.
-Ves? Aquí a tes. Dixen eu mostrándolla sobre o meu dedo.
Nun plis-plas, antes de ter eu acabado a frase, arramplou con ela e volveuna poñer no ollo.
-Pelacha! Dixo.

2 comentários:

acedre disse...

Mira que tratar de roubarlle unha laganha a Pelacha...mala nai.

Anónimo disse...

Imos ter que pegharche nos dedos!!