03 abril 2006

Cerimonia para ir durmir

Entrando no cuarto da pelacha:
-Pelachaaaaaaa!
-Logo sobes ti soa á cama?
-Si. Tiiiiiito.
-Que che cante o ratoncito?
-Si.
-Era un ratoncito chiquito, chiquito que asomaba el morro por un agujerito. Desaparecía, vólvía a asomarse y daba un gritito antes de marcharse.
-Hiiiii-hiiiii! Ma!
-Cantámola outra vez?
-Si
E repetimos.
-Mimín!
-Queres mimir xa?
-Si.
-Queres mimir con alguén?
-Hehéééé! (a súa boneca preferida, que lle trouxeron Montse e Dolores de Costa Rica e á que a pelacha lle puxo nome)
-Dormes con Hehé?
-Si.
-E non vas chorar? (por unha longa tempada en que sempre choraba ao deixala no cuarto a durmir)
-Nada, nada! Chao!
-Até mañaniña, bonita! que soñes cousas moi lindas.


Entrando no cuarto do pelacho:
-Pelacho, acabaches de lavar os dentes?
-Sí, ya voy. (e segue a facer pompas co xabrón das mans).
-Prefires deitarte ti só?
-Nooooooo. Ya voy, ya voy! ¿Me puedes pescar antes de meterme en la cama?
-Vaaaaale. Última cousa, eh. Despois vas para a cama directo. (Un de nós tira a cana e el fai de peixe ao que imos recollendo o carrete).
-Pescado! E agora a durmir, eh.
-Hmmm... Me puedes contar otro cuento?
-Non, neniño, agora tes que durmir.
-¿Y por que?
-Porque mañá hai cole e hai que erguerse cedo.
-¿Y mañana puedo ver peli con patatas fritas?
-Non, porque mañá será martes, non venres.
-¿Y cantos días faltan para el fin de semana?
-Catro días de cole.
-¿Y mañana dónde como?
-Na casa dos avós de Coruña.
-Ah. Quiero beber.
-Pero se acabas de beber, pelacho.
-Pero es que tengo más sed.
-A ver, que che traio auga... Hala, até mañaniña.
-¿Me dices algo bonito antes de dormirme?
-Que descanses xenial e que soñes con cousas moi bonitas toda a noite!
-Tú también. Te quiero mucho.
-Eu a ti tamén, bonito. E agora a durmir!

4 comentários:

Peke disse...

Traballo darán, pero que cousiñas tan tenras vos dicides. :)

leco disse...

Traballo dá case todo nesta vida :)
pero o ben que se pasa...!
bks

Anónimo disse...

Madre mia esta parella está pa comela...
Bicos e máis bicos.

TXARI disse...

creo que esta é a medida máis alentadora para o incremento da natalidade na galissa...con muita diferenssia!!!...dá janas de ter mil...