27 abril 2006


-¿Me enseñas a decir las cosas de otra manera?
-Como, doutra maneira?
-Los camareros dicen las cosas en otro idioma... que se llama jerga, verdad?
-Pois, que queres que che diga, agora mesmo non me fago idea.

7 comentários:

acedre disse...

Os pelachos non deixan de sorprenderme: jergas, tartarugas e sinfonias.

miriño disse...

Unha do meu sobriño.

Pregúntalle miña irmá:

-Y que idioma habla el tío.

-Inglés.

E eu: ????

E isto viña porque o meu sobriño escoitando a uns chinos falando díxolle á nai:

-Mira máma, esos chicos hablan inglés... como la abuela, a veces...

leco disse...

Hahahahahahahaha!
É boísimo!
Son do que non hai! É que son todos. Eu, a cada unha que lles escoito aos meus sempre penso, a saber que estarán a dicir outros moitos por aí. O que pasa é que eu as apunto porque me fai moita graza conservalas pero todos os nenos din cousas similares que teñen moito que ver coa súa comprensión do mundo en cada momento.
Bks
Ficas convidado a contar máis cando queiras. De feito podería comezar unha sección de colaboracións. Para facer un post con esta faría falta contextualizala un pouco. Se quere facelo podes enviarma a leonorcombing@yahoo.es e se non che apetece podo facelo eu sen problemas, se me dás permiso para posteala, claro.

Peke disse...

POis non caera eu na conta de que os camareiros falan en xerga. ;)

miriño disse...

Muller, se non quixera que se lese non a escribiría aquí, non?

Como dis ti, é toda túa...

Beijinhos.

Pd. Mais non quero facerche a competencia... os pelachos son os pelachos... :-)

TXARI disse...

nom se darán conta de que a súa si é uma jerga?

leco disse...

Xa sei que se nota pero é que me encantan as anecdotas de cativos. Meus pais foron mestres os dous e hai toda unha colección das súas carreiras. Algún día comezarei a postealas tamén. O caso é que o pouco tempo que teño non me dá para nada.
Posteo a túa!
bks