17 abril 2006

Esta mañá enfadeime contigo, pelacho. Non tiñas gana ningunha de voltar ao cole despois das vacacións e levantácheste máis despistado que de costume. Cando xa estabas vestido e peiteadiño fuches para a sala, como todas as mañás, ver uns poucos debuxos animados mentres eu levantaba a pelacha. Como de costume díxenche que tomases o Actimel con coidado mais, cando entrei na sala coa pelacha, ti estabas de pé frente á tele co envase na man e todo o iogurte repartido entre os pantalóns e o chan. Creo que o que me cabreou foi que seguises a ver a tele como se nada, sen avisar de que che tiña caído.
Díxenche que parecías un bebé e pareceuche fatal. Dixeches que non a berros. Entón eu díxenche que se non o eras non actuases como se o foses.
De alí a un pouco arrepentinme moito de terche falado así. Creo que fun dura de máis. Pero é que ás veces me superas :)

2 comentários:

Anónimo disse...

Non fuche dura de máis, al menos dende a miña vision. Os nenos teñen que aprender, ainda que lles doa...é a lei que marca o vivir.
Bicos.

TXARI disse...

esa dureza que só distingue quem é pai ou nai...