20 janeiro 2006

Acabo de volver do pediatra coa pelacha e traemos boas noticias, que me convencen bastante. Parece ser que non chegou a ter neumonía en ningún momento senón só unha gran acumulación de mocos nos bronquios. E que a bronquilite vai unida inequivocamente ao virus navideño, que fai que se elternen episodios de vómitos e diarrea con infeccións das vías altas (e nos nenos con tendencias bronquilíticas, píllana certo).
O pelacho está como un fiúncho por non comer en tres días, até os ollos e os dentes se lle fan moitísimo máis grandes, case desproporcionados, nesa cariña tan esbrancuxada que leva estes días. Mesmo inquieta velo tan compracente e pacífico. A palabra é desganado, coitadiño!

Sem comentários: