18 janeiro 2006

Pensaba eu o 13 e creo que venres, que as calamidades, pequenas calamidades, de saúde ían xa rematando. Que equivocada estaba. Desde aquel día o pelacho efectivamente desenvolveu unha nova bronquilite da que parece que por fin vai saíndo, a pelacha retomou a a neumonía até o punto de a termos de a levar a urxencias con case corenta de febre. Desde onte a avoa S. ten tamén bronquiolite, a prima P. ten 39 de febre e aínda non se sabe en que dará. O pelacho pescou tamén o virus gastrointestinal familiar, no seu caso con vómitos, diarrea, dores abdominais e maniotas... e desde esta tarde o promo J. ten tamén febre, que se asocia a unha infección cuxa ubicación aínda descoñecemos! Isto si que é un poema!
Eu xa faltei cinco días ao traballo e papá acaba de saír dunha baixa por lumbago e dúas semanas de vacacións. Por moi comprensivo que sexa o meu xefe, que o é, non teño cara xa de pedir máis días. Así que parece que quen non vai ir traballar mañá será miña irmá ou meu cuñado, que ficará en casa cos primos. Os avós maternos virán para a nosa casa para que nós vaiamos traballar e deixaremos que a avoa S. se recupere unha miga e teña un día de descanso. Non se nos ocorre idea mellor.
Nun momento cheguei a pensar: se o eu ou o papá (a poder ser non os dous ao mesmo tempo) tamén apañase o virus tería a escusa perfecta para non ir traballar e coidar dos pelachos mais, que apostamos a que o pillamos para a fin de semana?

Sem comentários: