10 janeiro 2006

Hai poucos días o pelacho preguntoulle ao papá:
-¿Qué es la poesía?
-A poesía é falar de maneira diferente á habitual. Por exemplo, que se pode dicir de... da sombra?
-Que está callada.
-Claro, non é o habitual pero é certo. Se queres hoxe, en lugar de ler un conto antes de ires para a cama, podemos facer un poema.
-¡Vale!
O papá e o pelacho encetaron un pequeno caderno pautado de Miquelrius escribindo os seus nomes na primeira folla. O pelacho quixo por suposto poñer o seu, unha das pouquiñas palabras que xa é quen de escribir.
-Dicías que a sombra está calada. A poesía é como un espello, que nos di como somos pero está calado...
-¡¡Claro!!
-Está en silencio. Como rompemos o silencio?
-¡Con nuestros gritos!
-E, como calquera outro espello podemos, por exemplo, rompelo tamén como o silencio. Por que poderiamos romper o espello?
-¡Porque no nos gusta como somos!
O papá ía tomando notas até que o texto ficou máis ou menos así:

La sombra está callada
como el cristal que nos muestra como somos.
Rompemos el silencio del cristal con nuestros gritos
porque no nos gusta
lo que vemos en el espejo.

Ao papá e ao pelacho pareceulles que xa tiñan un poema.

4 comentários:

hojasdehierba disse...

O da sombra "callada"... carallo! O pelacho ten perfectamente interiorizado o concepto de metáfora, non hai dúbida :).
Lindo blog.

Martin Pawley disse...

Ai, se moitos poetas empezaran a practicar xa de nenos, cantos disgustos aforrabamos...

leco disse...

Obrigada Hojas!
Amigo Pawley, conservará o alegre poeta os seus poemas dos cinco anos?:)

Unknown disse...

estou completamente dacordo co pelacho e máis co papá.

grande poema, grandísimo.

biquiños.