08 janeiro 2006

Onte lembroume a tía M. aquel día, haberá un par de anos, en que o pelacho lle pediu á avoa un euro para meter nunha desas máquinas de bolas con sorpresa que hai á entrada dos supermercados. A avoa díxolle que non tiña ningunha moeda que servise para a máquina e entón o pelacho achegouse a unha muller romena que pedía esmola a escasos metros coa man estendida e cuberta de moedas . Chegados a este punto, o que o pelacho lle dixo a esa muller é facilmente imaxinábel: -Me das una una moneda para comprar una bola? Non sabemos se ela comprendeu unha a unha as palabras do pelacho mais si o que lle estaba a demandar. E non fixo ningún esforzo para evitar que un amplo sorriso saíse da súa face.

Sem comentários: