28 janeiro 2006

REIS PELACHO 2006 - 2



Levábala pedindo dous anos enteiros e mil veces che dixeramos que non tiñas aínda idade. Mais este ano non fomos quen de nos resistir. Falamos moito do coidado que teriamos de ter para que non te enganchases demasiado, de canto tempo sería prudente que xogases con ela. Se sería bo gardármola nós e que a pedises cando quixeses xogar... E, como tantas veces, decidimos que habería que ir vendo sobre a marcha porque contigo os cálculos costuman fallar.

Que atinados andamos. É un xoguete máis, que apañas durante uns minutos cando te lembras del e que, polo momento, non vimos necesidade de quitarche de diante.

Aos Reis da casa pedícheslles o xogo das Witch, ao tío M. o de Pokemon Esmeralda e trouxéronche os dous. Como ningún deles era para xogar na pantalla táctil, hai uns días levámoste ao videoclub do bairro para comprares un cos cartos que tiñas aforrados:

-Pero lo pido yo, eh!

-Desde logo!

-Hola, ¿Tienes el juego de Super Mario Tenis?

-Pues no. Ese no lo tenemos.

-Pues entonces dame otro cualquiera.

Finalmente, tras razoarmos contigo que habías de pensar primeiro o que querías, levaches un de Kirby. Polo momento é o teu preferido.

Sem comentários: