11 janeiro 2006

-¿Qué hay de cena?
-Empanada de polo e cogumelos.
-¿Y a mí me gusta?
-Non che gusta nada. Non a soportas. Dache un noxo terríbel.
-Buaaaaaaaaaaaaaaaaa, yo no quiero esa empanada, que no me gustaaaaa!!!
-Si, home si. Era broma. En realidade gústache moito, de verdade!
-Ah, ¡Qué bien!
...
-Aquí tes a túa empanada.
-Buaaaaaaaaaaaaaaaaa. Yo quería comerla en la mano, no pincharla con el tenedor.
-Tamén eu quería un neno que non protestase por todo e mira o que me tocou. E iso que o pedín ben clariño: quero un neno que non proteste, que nos faga caso, que poña o pixama cando llo dicimos, que coma a comida sen facer parvadas, que vaia facer pis sen ter que lembrármosllo, que conteste é primeira cando lle falamos, que non se enfurruñe por tonterías... e que me tocou a min? Tocáchesme ti. Xa ves. E quéixome eu? Ti ves que me queixe porque non me tocou o que quería?
-¡Jajajajajajajajaja! ¡Noooooo! ¡Jajajajajajajajajaja!

Sem comentários: