13 janeiro 2006

Papá Noel tróuxolles unha bronquiolite aos pelachos que, no caso da pelacha, acabou nunha neumonía que, á súa vez, se cruzou co virus feroz de gastroenterite que recibiron os primos como presente de Nadal. Por esa razón tivémolos separados desde o 31 de decembro ao 6 de xaneiro, xa que no caso da pelacha, apañalo naquel momento implicaba termos que ingresala para administrarlle os antibióticos por vea. Isto non evitou que o acabase pillando tamén unha vez acabados os antibióticos e que a pobre aínda ande a papas de arroz e iogurtes bio. Polo momento parece que a historia remata cunha nova bronquilite de pelacho desde esta tarde. Que lle imos facer!

Sem comentários: