26 janeiro 2006

Canto tempo sen escribir cousas sobre a pelacha. Claro, como me leva moito máis redactar que transcribir, a cousa vaise adiando... Está realmente simpática. Xa di un montón de palabras, comprende practicamente todo e ri todo o día. Faise entender a base de acenos moi expresivos e todo quere facer ela soa. Ao irmán tenlle a medida tomada e véndelle caros os beixos e os abrazos. É fantástico ver o pelacho explicarlle todas as cousas que el pode facer e ela non por ser aínda pequena e toda a paciencia que saca cada vez que ela lle desfai o que está a facer, que son moitas, moitísimas.
A pelacha aínda está a tomar antibióticos e outras porcarías até sábado. Pola noite e pola mañá tócalle chuchar de tres xeringas diferentes, cada cal máis noxenta, e sempre facemos bromas co mal que saben. Cada vez que toma unha medicina di -Aghhhhhhhh! escachando de risa.

Sem comentários: